Site logo
Descripción

Casa galega de pedra do ano 1920 reformada receentemente na súa totalidade con 240m2 construidos distribuidos en 2 plantas sobre parcela de 156 m2.

Á planta baixa de 140 m2 accédese a través dun patio abierto distribuíndose en espazo destinado a biblioteca-estudo con altillo, cociña americana totalmente equipada e amoblada con comedor e salón, 1 lavandería e 1 aseo. A cociña dispón de cociña de ferro con placa vitrocerámica ademais de contar co resto de electrodomésticos. O salón e a biblioteca dispoñen de cheminea e estufa de leña que ambientan o resto da casa. Así como o salón, a cociña e o  comedor forman parte dun espazo totalmente aberto e diáfano, a biblioteca organízase nun espazo independente con saída directa ao patio de entrada. Os chans desta planta son de cemento pulido.

Á planta primeira de 100 m2 accédese a través de escaleiras interiores desde o salón, a través de escaleiras exteriores que parten do patio de entrada e/ou a través da biblioteca, distribuindose nun espacio diáfano que se usa como salita ainda que podería empregarse como un tercer dormitorio, 2 dormitorios amplios sin armarios empotrados ainda que con oco para poder colocarlos (no dormitorio principal con cama de matrimonio e no segundo dormitorio con camas xemelgas) e 2 baños (un con ducha e outro con bañera que se integra co dormitorio principal). Esta planta conta ademais con 2 pequenas terrazas e chans de madeira.

A vivenda data do año 1920 pero foi totalmente reformada contando con placas de formigón, auga quente a través de placas solares, calefacción eléctrica e de leña cuxo calor irradia ao resto da vivienda a través de calefactores, pintura lisa, fiestras de aluminio con climalit e rotura de ponte térmica, sumidoiro e auga de traída.

Ubicada a 100 metros do Mosteiro de San Clodio, a 800 metros do núcleo urbano de Leiro e a 30 minutos de Ourense capital.

Detalles
  • Superficie
    240 m2
  • Superficie parcela
    156 m2
  • Baños
    2
  • Dormitorios
    2
Contacto